NOVAS

A Cruz Vermella lanza o concurso para docentes "Cal é a túa proposta para o XAC?"

Publicado o 04 de Agosto de 2017

Cruz Vermella Xuventude gracias a financiación de Iniciativa Xove organiza por terceiro ano consecutivo as xornadas XAC – Xóvenes como axente de cambio que se celebrarán o 7 e 8 de outubro.

O obxectivo destas xornadas é dotar de ferramentas á xuventude para que poida asumir un papel de liderado ético co fin de inspirar unha transformación positiva das mentalidades, actitudes e comportamentos tanto neles mesmos coma nas súas comunidades.

A mocidade ten un potencial incríbel. Queremos que as formacións sexan impartidas por xóvenes galegos e galegas capacitados para tal fin. Dentro da nosa asociación temos localizados perfís pero este ano, queremos ofrecer a oportunidade a calquera moza ou mozo a formar parte do equipo docente. E así nace o concurso docentes “Cal é a túa proposta para o XAC?” Primeiro como parte dunha busca constante de calidade nas formacións da xornada, e segundo, como unha aposta por apoiar a nosa xuventude.

Poderán participar persoa residente en Galicia entre 16 a 35 anos e, permítese presentar a proposta a un o varios obradoiros. Os obradoiros xa están definidos, podes consultalos nas bases da convocatoria.

O premio consistirá en dar a formación proposta dentro das xornadas XAC e recibir o certificado docente. Serán costeados os gastos de desprazamento e manutención ao lugar de celebración.

As persoas interesadas en participar deberán enviar dous correos electrónicas coa súa proposta segundo as bases da convocatoria a xuventudegalicia@cruzroja.esantes do 28 de agosto (data límite).