NOVAS

"Cultivando a autoestima", a nova campaña dos centros Quérote polo coidado persoal "Queréndome"

Publicado o 06 de Febreiro de 2018

A campaña emprega a comparación entre as persoas e as plantas para exemplificar un xeito de desenvolver o corpo e a mente de xeito saudable

Os centros Quérote+ apostan por unha xuventide que medre, se desenvolva e se acepte da mellor maneira posible: con satisfacción!

Este centros traballan para combatir as presións ás que ás veces a xente máis nova está sometida, polo seu corpo, a súa imaxe, a súa estética, forma de ser e de sentir...

Nesta nova campaña "Cultivando a autoestima" fan unha comparación entre as plantas e as persoas, pois estes dous seres vivos teñen moitos puntos en común para poder desenvolverse e medrar de forma satisfactoria. 

Seguro que sabes como cultivar unha planta, pero sabes como cultivarte? Como medrar e desenvolverte sentíndote a gusto contigo mesm@?

  1. Se queres obter máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/27860/xunta-pon-marcha-campana-cultivando-autoestima-enfocada-valorar-diversidade-fisica

Consulta o material desta campaña: