En Narón, os maios ao balcón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
flores_maio.jpg

O evento anual desprázase aos balcóns e terrazas das vivendas para tinguilas das cores máis primaverais.

Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón comunícase á veciñanza a proposta "En Narón, os maios ao balcón". Seguindo coa tradición anual, e de man da Asociación Cultural Areosa, faise un chamamento a que as veciñas e os veciños de Narón elaboren uns maios "ao seu xeito". Se ben a situación actual implica a reclusión nas vivendas, o Concello propón esta iniciativa na que os maios ocuparán as xanelas e os balcóns dos edificios.

A idea propón o emprego de calquera tipo de material para construír os maios: de refugallo, de manualidades ou mesmo vexetal se se ten acceso a el. Non hai restriccións en canto a forma e tamaño, e recoméndase a consulta en Internet para reunir ideas e inspiracións.

Para participar, só tes que gravar un pequeno video amosando os teus maios (en horizontal se empregas o móbil) e envialo á dirección de correo electrónico d.canovas@naron.es antes do 5 de maio.

Animávosvos a participar nesta iniciativa para amosar que esta tradición que Narón leva celebrando dende fai vintetrés anos pode facerse doutra maneira: á nosa maneira.

Podes ver o video explicativo da iniciativa aquí: https://www.youtube.com/watch?v=VbIuFA7-EBk

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar