Escolares do colexio do Feal visitaron o pasado martes día 17 o Concello e reuníronse coa alcaldesa no salón de plenos

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Visita escolares colexio do Feal.jpg

Un grupo de dezanove rapazas e rapaces de sexto curso de Primaria do colexio do Feal visitaron o pasado martes varias dependencias do Concello. No salón de plenos recibiunos a alcaldesa, Marián Ferreiro, que tivo a oportunidade de saudar aos escolares e respostou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas coa súa labor á fronte da administración local. 

Trala xuntanza coa rexedora local os escolares percorreron as instalacións do Arquivo municipal e tamén as que ten a Policía Local no Consistorio naronés. A alcaldesa agradeceulles a visita e o seu interese pola administración local. Os rapaces e rapazas levaron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello de Narón.

A convocatoria destas visitas escolares ao Consistorio está organizada polo Servizo Sociocomunitario de Narón e contempla novas visitas de alumnado de centros de ensino da cidade tanto este mes como en maio. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar