Espectáculos para público infantil e familiar nos últimos meses do 2017!

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Naron_teatro.jpg

O Pazo da Cultura e o Auditorio municipal acollerán ata finais de ano varios espectáculos dirixidos a público familiar e infantil, imos logo?

A vindeira cita programouse para o día 5 de novembro, mes no que terán lugar tres espectáculos. A obra Lúa, da compañía Ghazafelhos, representarase ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. Enmarcada no xénero da comedia, a peza está protagonizada por unha nena chamada Lúa, que realizará un percorrido polo mundo dos adultos pero que se amosará aos espectadores visto desde os ollos da infancia. A rapaza preocúpase polo ruído, os enfados da terra… e decídese a investigar qué acontece. Pepablo Patinho é o autor desta obra, formando tamén parte do elenco artístico, xunto con Jorge Casas e Montse Piñón.

A comedia regresará de novo ao Pazo da Cultura o día 19 de novembro, nesa ocasión da man da compañía Teloncillo, que porá en escena a obra Caperucita, lo que nunca se contó. Este recoñecido conto, que se transmite de xeración en xeración, escenificarase dun xeito moi particular, xogando cos personaxes e transformando o relato máis coñecido ata convertelo nunha comedia de enredos dislocados. A cita será tamén a partir das 18.00 horas.

O terceiro espectáculo para público familiar e infantil no mes de novembro será A festa continúa, de Mamá Cabra. Nesa ocasión será o turno da música infantil, da man do novo espectáculo de Mamá Cabra, no que o público terá a oportunidade de escoitar as súas mellores cancións. Consolidada como unha banda de música infantil de referencia, Mamá Cabra subirase ao escenario cunha proposta de concerto-teatro na que participarán catro actrices e actores e cinco músicos.

Finalmente, o día 16 de decembro a compañía Aracaladanza traerá ao Pazo un espectáculo de danza: Vuelos. A cita, inspirada en Leonardo da Vinci, será a partir das 20.00 horas. Un grupo de bailaríns interaccionará con obxectos e os espectadores farán voar a súa fantasía a través da imaxinación e achega a danza aos nenos e nenas.

Vaia fin de ano cultural que temos por diante!

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar