Europe Direct A Coruña organiza "Traballar nas institucións europeas"

Versión para impresoraEnviar a un amigo
TW_FB_TraballarUE.jpg

Europe Direct A Coruña organiza o Seminario en liña "Traballar nas institucións europeas", que é de interese para os mozos e mozas do concello.

Trátase dun taller orientado a dar a coñecer as oportunidades profesionais que ofrecen as Institucións Europeas e as probas do proceso de selección.

Consistirá en dúas xornadas de 4 horas de duración que se celebrarán o 9 e 16 de novembro:

  • 09/11/2021: Oportunidades de prácticas e elaboración de candidaturas na Unión Europea
  1. Prácticas nas Institucións da Unión Europea
  2. Preparación de candidatura para prácticas e oposicións  
  • 16/11/2021: Oposicións á Unión Europea
  1. Oposicións nas Institucións europeas: EPSO
  2. Test de preselección, Fase Intermedia e Probas do Assesment Centre

As prazas son limitadas e a inscrición xa está aberta a través deste enlace.

 

                        
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar