II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
campus.jpg

O campus terá lugar dende o 30 de agosto ata o 5 de setembro no Auditorio de Galicia e no Colexio Vite I, situados na Avenida do Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela.

Neste campus xuntaranse 17 profesores de todas as especialidades achegadas á banda de música: frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, percusión, trompa, piano, composición e dirección. As xornadas estarán cheas de clases individuais, grupos de cámara, acompañamento de piano, concertos e a posibilidade de participar coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

As xornadas distribúense da seguinte maneira: o 31 de agosto e o 1 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia terán lugar os concertos dos profesores; o 2 e 3 de setembro ás 20:00 horas,  tamén no Auditorio, terán lugar os concertos dos alumnos; o 4 e 5 de setembro ás 13:00 horas, no casco histórico da cidade (ou no Auditorio en caso de que choiva) haberá concertos de cámara; e xa o 5 de setembro ás 20:00 horas haberá un concerto de clausura da Banda do Campus no Auditorio, acompañado pola entrega de diplomas.

O prezo das xornadas será de 50 euros para os músicos federados en condición de activo, 25 euros para os ouvintes, e 100 euros para os músicos non federados en condición de activos, 60 euros para no caso de que sexan ouvintes.

A organización facilitará tamén aos inscritos opcións de aloxamento e comida.

 
xunta de galicia consellería de traballo e benestar