Inscrición aberta ata 15 xuño - 2º taller MáisErasmus+

Versión para impresoraEnviar a un amigo
maiserasmus2_10062021_dameuntoke.png

A oferta de formación é en liña e realizarase en dúas sesións con unha terceira adicional de asesoramento técnico personalizado.

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza a seguinte actividade en liña:

MáisErasmus+: 2º Taller online de formulación de proxectos Erasmus+ para a xuventude

Destinatarios: Técnico persoal ou colaborador de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.

Aforo limitado: 25 prazas.

Inscrición: Requírese inscrición para participar na actividade. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o aforo. O prazo para inscribirse finaliza o 15/06/2021 ás 13:00 horas.

Programa:

Sesión 1: 16 de xuño de 2021

09.30- 09.45: Apertura.

09.45 - 11.30: Técnicas para aumentar a visibilidade como socios: creación do perfil de socio e ferramentas para identificar puntos fortes clave.

Sesión 2: 23 de xuño de 2021

09.30-11.30: Xestión económico-administrativa dun proxecto: xestión de gastos, xustificación documental e preparación para auditorías.

Sesión extraordinaria de asesoramento técnico: 30 de xuño de 2021 (duración: 1 hora e 30 minutos). En caso de estar interesado/a nunha sesión de asesoramento técnico personalizado, por favor contacte a Europe Direct A Coruña mediante o envío dun correo electrónico a europedirect@dacoruna.gal co asunto "Interés en sesión de asesoramento técnico". É preciso que previamente se rexistre no taller a través do seguinte  formulario de inscrición:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar