Proxecto Eixo: Itinerario de Prácticas profesionais en empresa sen formación específica

Versión para impresoraEnviar a un amigo
girl-1026246_640R.jpg

Este itinerario, pertencente ao marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, para 15 mozas e mozos que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa formación académica ou laboral (certificado de profesionalidade de nivel 3) adquirida no sistema de educación reglada ou non reglada, en calquera da súas especialidades, fomentando así a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas mozas desempregadas da provincia.

Este itinerario realizarase, tal e como se informa no documento achegado a este correo, nas instalacións das empresas colaboradoras que asinen o Acordo de Participación, previo proceso de formación grupal nas accións complementarias e transversais e a de orientación para o entreno e desenvolvemento de competencias multifuncionais para o emprego e, a data de inicio prevista será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada laboral obrigatoria desenvolverase de acordo ao que estipule a empresa colaboradora e o seu convenio colectivo sectorial ou empresarial para o posto de traballo a desenvolver. A localización dependera da ubicación da empresa acolledora.

A xornada de formación grupal desenvolverase en horario de mañá nas instalacións cedidas para tal efecto pola empresa adxudicataria do contrato deste servizo.

O prazo de inscrición péchase o próximo VENRES 21 DE DECEMBRO ás 14:00 horas.

Só se admitirán as inscricións enviadas por MAIL (eixo.pel@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no  que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e  selección das persoas mozas participantes.

Para mais información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local: https://emprego.dacoruna.gal/index.php?cID=13640

Consulta a información e solicitude no seguinte arquivo adxunto.

DocumentoTamaño
CAPTACION SELECCION ALUMNADO EIXO_PRACT PROF.pdf749.99 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar