IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CIUDADANÍA EUROPEA EN GALICIA"

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cartel-horizontal-concurso-1 (2).png

Gústache a fotografía? Os centros Europe Direct A Coruña  e Europe Direct Lugo estamos a celebrar a novena edición do concurso de fotografía 'Cidadanía Europea en Galicia' . Este ano, a edición ten como temática 'O Ano Europeo da Xuventude', declarado así pola Unión Europea como obxectivo de recuperar perspectivas para todos os xóvenes europeos que se viron afectados negativamente polo impacto da famosa pandemia da Covid-19. 

Neste Ano Europeo, a Unión Europea quere destacar principalmente a importancia da xuventude para construir un futuro mellor, en distintos aspectos, máis ecolóxico, máis inlcusivo e dixital. O Ano Europeo da Xuventude é o momento idóneo para compartir a tíua visión e compromiso.

Enfoca a xuventude e participa no concurso! Podes inspirarte nas iniciativas europeas xuvenís que atoparás no propio portal do Ano Europeo. Contarás cunha ampla variedade de temas a tratar, dende a xuventude no mundo ata a movilidade educativa en Europa pasando pola dixitalización, a saúde ou a cultura.

Toda obra debe de incluír un símbolo representativo da Unión Europea.

O prazo de presentación irá dende o 9/05/2022 ata o 9/06/2022, ás 14.00 hs.

PARTICIPA neste concurso e GAÑA un fantástico premio!

Prema na seguinte ligazón para consultar as bases do concurso:

https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2022/ix-concurso-de-fotografia-ciudadania-europea-en-galicia

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar