A loita contra o cancro de mama

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Todos contra o cancro

Ao longo da súa vida, a 1 de cada 8 mulleres seralle detectado un cancro de mama. Cada día no Estado detéctanse 44 casos, o que da a cifra de 16.000 persoas enfermas cada ano. É o principal tipo de cancro entre o sexo feminino e a segunda causa de morte.

Pese a que fai uns anos a metade das mulleres ás que se lle detectaba esta enfermidade falecían, actualmente a taxa de supervivencia é superior ao 80%, e esto débese en gran medida a tódalas actividades de prevención que se levan a cabo, xa que o diagnóstico precoz é unha gran axuda. Entre estas medidas podemos atopar:

  • A autoexploración: A muller palpa as súas mamas en busca de algún bulto extraño
  • A exploración clínica: A que fai o/a médico. Non podemos esquecer que se lle recomenda a todas as mulleres que acudan unha vez ao ano á consulta do/a seu/súa xinecólogo/a.
  • As campañas programadas, coma as mamografías que se lle fan ás mulleres maiores de 45 anos.

Podes obter máis información deste tema na páxina

http://www.soitu.es/soitu/2009/10/20/salud/1256037536_805128.html

e na web da Asociación Española Contra o Cancro www.todocancer.com

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar