Máis de 350 escolares participaron este curso na realización de murais da iniciativa municipal Arte na Escola en sete centros educativos da cidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Mural Arte na Escola.jpeg

Un total de 355 escolares de educación Infantil, Primaria e ESO de sete centros educativos da cidade participaron durante este curso na realización de murais en centros educativos, do Programa de Recursos Educativos, a través da iniciativa Arte na Escola, que se desenvolveu en horario lectivo, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. “O programa deste ano está adicado a debuxos do artista local Leandro Lamas, que deseñou o que en colaboración co colexio e a ANPA de Piñeiros se pintou no exterior das instalacións do ANPA coa axuda do propio Leandro, se ben no resto dos casos traballamos con monitores”, explicou a edil naronesa.

Avións, mulleres, músicos e libros formaron parte das temáticas elixidas polas rapazas e rapaces do CPR Santiago Apóstol e do Ayala, dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia e Piñeiros, do IES As Telleiras e da Escola Unitaria de Sedes, tal e como recordou Taibo. A concelleira recalcou que entre os obxectivos desta proposta, a maiores de decorar os centros de ensino con debuxos, fomentamos tanto a creatividade como o traballo en grupo por parte do alumnado, dous importantes valores na área educativa”.

Un debuxo de Leandro dun avión foi a temática elixida no CPR Santiago Apóstol, donde realizaron o mural 24 nenos e 26 nenas de terceiro curso de Primaria; da Unitaria de Sedes, donde participaron 4 nenos e 2 nenas de Infantil e no CEIP Ponte de Xuvia, donde pintaron 12 nenas e 11 nenos de sexto de Primaria. No caso do CPR Ayala por 16 nenos e 10 nenas de segundo de Primaria realizaron un mosaico; no IES As Telleiras o tema foi a música, cun debuxo a spray feito por 12 nenos e outras tantas nenas de cuarto de ESO; no CEIP Virxe do Mar a muller e o xirasol, debuxando neste caso 14 nenos e 10 nenas de terceiro de Primaria e, por último, no CEIP Piñeiros os libros, sendo este último centro o que obtivo un maior índice de participación, con 117 nenos e 85 nenas de Infantil e Primaria.

En función do centro o debuxo realizouse no interior ou no exterior das instalacións educativas, dando continuidade a unha iniciativa municipal que xa se levou a cabo en cursos anteriores nos colexios da Solaina, Domirón e no Feal –cunha participación conxunta de 180 escolares- e que tamén se levou a cabo no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. “A excelente acollida que tivo esta proposta levaranos a ofertar de novo desde o goberno local este programa aos centros educativos públicos e concertados da cidade no vindeiro curso”, avanzou Taibo.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar