NARÓN EN NEGRO | Narón adhírese á campaña “En negro, contra as violencias”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Logo-Narón-en-negro.jpg

A corporación local de Narón aprobou por unanimidade no pleno extraordinario do 8 de novembro a adhesión do Concello ao protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña “En negro, contra as violencias”.

Esta é unha iniciativa que ten entre os seus obxectivos sensibilizar á cidadanía contra as violencias machistas implicando a diversos sectores da sociedade. O goberno local solicitará a adhesión do Concello de Narón ao protocolo de colaboración para organizar conxuntamente unha campaña de sensibilización nesta área coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero, o vindeiro 25 de novembro, baixo o lema “En negro, contra as violencias”.

Desde as arcas locais destinarase unha partida máxima de 1.000 euros para desenvolver esta proposta, na que participan preto dun centenar de concellos galegos, establecementos e axentes sociais e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, administracións estas tres últimas que editarán e distribuirán entre os municipios participantes o material desta campaña.

Se precisas máis información e materias sobre a campaña "En negro contra as violencias" aquí podes atopala:

 

  1. Web: http://ennegrocontraasviolencias.gal/
  2. Facebook: https://www.facebook.com/pg/ennegrocontraasviolencias
  3. Twitter: https://twitter.com/galiciaennegro
  4. Google Plus: https://plus.google.com/102837326131692306459
  5. Instagram: https://www.instagram.com/ennegrocontraaviolencia/
  6. YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCPfZ6d0Ldfvhy4HUvYWBUag

Tamén podes descargar materiais específicos do Concello de Narón nesta ligazón NARÓN EN NEGRO.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar