O 23 de novembro, DÃa de Narón!!


O Concello de Naron celebrara o vindeiro 23 de Novembro o Dia de Naron, cun programa de actos que se desenvolvera entre a Casa Consistorial e a Praza de Galicia. A celebracion comenzara as 12:00 horas no Salon de Plenos do Concello, coa inauguracion dunha serie de retratos dos ultimos seis alcaldes de Naron e seguirá pola tarde cunha degustación degustacion gastronomica de filloas a partires das 18:00 horas na Praza de Galicia, baixo carpa.
A serie de retratos dos últimos seis alcaldes de Narón foron pintados pintados polo artista Jose Gonzalez Collado. Os protagonistas destos cadros son os seguintes:
- Juan Gato Diaz (alcalde de Naron entre o 13/12/1985 e o 21/01/2009)
- Antonio Martinez Aneiros (19/04/1979- 13/12/1985)
- Antonio Sanchez Berbis (23/12/1974- 16/04/1979) (falecido)
- Nemesio Quintia Luaces (27/11/1974 – 23/12/1974) (falecido)
- Marcial Calvo Hermida (10/09/1954 – 27/11/1974)
- Manuel Prado Fernandez (24/01/1947 – 06/09/1974) (falecido)
Xa pola tarde, o Concello organiza unha degustacion gastronomica de filloas a partires das 18:00 horas na Praza de Galicia, baixo carpa. Ali instalarase unha freixoeira de 7 metros de diametro, con capacidade para cociñar entre 1.000 e 1.500 filloas por hora. Un equipo formado por 5 persoas da empresa Tartas Lestedo, de Boqueixon (A Coruña) sera o encargado de cociñar e servir as viandas, en pratos de media ou unha ducia. Para cociñalas, precisanse un total de 15 bombonas de gas butano, o que fai unha idea da envergadura desta maquina.
A degustacion e gratuita e estan invitados a participar todolos veciños e veciñas de Naron. As filloas serviranse acompañadas de auga ou viño.
Animádevos todos os naroneses e naronesas estades invitados!!