O Club de Remo Narón e o Concello organizan o “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón”.

Versión para impresoraEnviar a un amigo
RemoNaron.jpg

O vindeiro venres remata o prazo de inscrición no “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón” que terá lugar este sábado na enseada da Gándara

A cita, presentada polo edil de Deportes, Román Romero, e o presidente do citado clube, Ignacio Cabana, terá lugar o sábado 23 de setembro na enseada da Gándara. O edil naronés recordou que o trofeo convocouse agora tras ter que anulala o pasado mes de marzo debido ao temporal, e facéndoo así coincidir cunha data que se adaptase á maioría dos clubes.

Ás 16.30 horas terá lugar unha exhibición de ximnasia, a cargo do Club Ximnasia Ferrolterra, (nas inmediacións das instalacións do clube de remo naronés) e a partir das 18.30 dará comezo a regata de bateis, na que ademais do Club de Remo Narón participarán outros procedentes da comarca, tal e como avanzou Cabana. Aqueles que desexen inscribirse poden aínda facelo –ata o venres día 22- a través do correo electrónico: remonaron@hotmail.com ou chamando ao número de teléfono 685 168 135 (Ignacio).

O percorrido, pola enseada da Gándara, será de 500 metros nas categorías Alevín e Infantil; de 1.500 no caso da de Cadetes e de 2.000 para os Senior.

O presidente do Club de Remo Narón agradeceu a colaboración do Concello, mentres que pola súa parte, o edil de Deportes destacou o traballo que realiza o clube na cidade e animou a outros clubes de remo a que participen neste trofeo e á veciñanza en xeral a acudir á convocatoria, “para gozar dunha xornada de deporte na zona da Gándara e apoiar así aos remeiros e remeiras que participarán este ano no evento”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar