O Concello abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para a bonificación do servizo de comedores escolares para o curso 2017-2018

Versión para impresoraEnviar a un amigo
escuela.jpg

As persoas interesadas en solicitar as axudas habilitadas desde o Concello para bonificar o menú diario do servizo de comedor escolar para o presente curso, 2017-2018, poderán facelo a través do Rexistro municipal a partir de mañá xoves e durante un prazo de quince días naturais. Así se recolle no anuncio publicado onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), donde ademais se especifica que os posibles beneficiarios das mesmas deberán estar empadroados en Narón.

Os escolares poden estar matriculados en colexios privados concertados que imparten segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria Obrigatoria situados no municipio e que fagan uso do comedor. Así mesmo, no caso de que o alumnado estea matriculado en centros doutras localidades por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación, tamén poderán solicitalas se o centro ofrece menús no comedor escolar, tal e como explicou Taibo.

  1. Os impresos para demandar as axudas poden recollerse no Rexistro Municipal, no Servizo Sociocomunitario do Concello ou descargarse da páxina web do Concello a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/modelo-solicitude-comedor-escolar-2017.pdf.

A concelleira de Ensino recordou que xa está aberta a convocatoria de axudas para a adquisición de material didáctico e escolar para alumnado matriculado en centros públicos e concertados do municipio. Os niveis para os que se pode solicitar son: Educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de Ciclos Medios, Educación Secundaria de Adultos e centros de Educación Especial. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Municipal, de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.00 (a partir do 2 de octubre ata as 13.30) e durante un prazo de quince días naturais (contados a partir de onte). As instancias poden solicitarse no Rexistro ou descargalas no enlace: http://www.naron.es/web/docs/S-SOC-29_Solicitude_Material_Escolar_LPACAP.pdf.

No caso das axudas para o bono bus de transporte universitario ao Campus da Coruña, o prazo de solicitude continúa aberto ata o venres 29 en horario de 8.30 a 13.30 e manterase a partir do 2 de outubro pero en horario de 8.30 a 13.30. O período establecido para formalizar a petición é de vinte días naturais, contados a partir de hoxe. As instancias poden recollerse no Rexistro, no Servizo Sociocomunitario e a partir de mañá tamén na web do Concello. As subvencións son do 50% do prezo do bono bus para o traslado diario de universitarios ao Campus da Coruña.

  1. As persoas interesadas en solicitar máis información ao respecto poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar