O Concello abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e escolar e comedores escolares

Versión para impresoraEnviar a un amigo
painting-1673774_640R.jpg

O Concello de Narón abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e escolar do alumnado matriculado en centros públicos e concertados da cidade para o curso 2018-2019 e tamén as correspondentes ao servizo de comedor escolar para alumnado de centros concertados de Narón para o vindeiro curso. Así o anunciou a concelleira de Acción Social, Catalina García, que recordou que o prazo se manterá aberto, en ambos casos, ata o vindeiro 27 de setembro.

As axudas correspondentes ao material didáctico e escolar, apuntou, poden solicitalas aquelas familias empadroadas en Narón e con fillos escolarizados en educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de Ciclos Medios, Educación Secundaria de Adultos e centros de Educación Especial. As persoas que precisen recibir máis información poden facelo a través do Servizo Sociocomunitario do Concello –primeiro andar- e as instancias poden presentarse a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica, donde estarán a disposición da veciñanza.

Así mesmo, as axudas municipais de comedor escolar diríxense a familias do alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria para o curso 2018-2019 con dificultades económicas e de conciliación da vida familiar e laboral. Poden solicitalas as familias empadroadas en Narón con fillos/as matriculados en centros concertados dos citados niveis docentes, e cunha capacidade económica que non supere os umbrais establecidos na convocatoria, así como cumprir os restantes requisitos da mesma. Poderán tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello ou de calquera medio previsto no artículo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AAPP. Aquelas persoas que precisen máis información poden solicitala no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario.

Para obter máis información ou a instancia das axudas para material didáctico e escolar pódese acceder ao enlace da Sede Electrónica: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=71&idnct=552&x=+4wbUHg6OoK1o+5x2+CZiw

E para as mesmas opcións no caso dos comedores escolares está a documentación no enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=3&idProc=87&idnct=564&x=9PsX0GY+XanZRVpL+E7FPg                                                              

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar