O Concello abre mañá o prazo de inscrición un curso de “Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras PEMP”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
forklift-835340_640.jpg

A formación suporá un total de 75 horas e está dirixida a persoas en situación de desemprego que, dende mañá, poderán enviar as súas solicitudes.

O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición –e ata o 9 de xullo ás 13.00 horas- nun novo curso do Programa municipal de Formación. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, indicou que a partir do 16 deste mes e ata o 12 de agosto está previsto impartir no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, unha acción formativa de “Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP (con certificación UNE)”. 

O curso diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas, empadroadas en Narón e que non teñan concedido outro curso do Programa municipal de Formación coincidente temporalmente na realización. As solicitudes poderán presentarse ata o 9 de xullo –ás 13.00 horas-, debendo entregalas no primeiro andar do Concello (con acceso pola Praza de Galicia, de 8.30 a 13.00 horas), a través da Sede Electrónica (sedeelectronica.naron.es) ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Esta acción formativa consta dun total de 75 horas, das que 35 serán de certificación, 20 prácticas e as 20 restantes de módulos adicionais. O horario previsto das clases será pola tarde, de luns a venres entre as 15.45 e as 19.45 horas. Para un correcto aproveitamento deste curso, tal e como se recolle nas bases, é recomendable dispoñer de carné de conducir e non sufrir de vértigo. Os contidos que abordará o alumnado son: Operador/a de carretilla elevadora UNE 58451:2016; Operador/a plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923: 2014, a maiores das prácticas e de módulos de Igualdade entre homes e mulleres e Orientación para a empregabilidade, así como tres charlas que impartirá persoal experto nas citadas áreas.

Para realizar o curso é obrigatorio o uso de mascarilla e o cumprimento de todas as medidas de hixiene e seguridade.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar