O concello abre o xoves 26 de setembro o prazo de inscrición no obradoiro dede “Iniciación á lingua inglesa”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
CARTAZ Espazos de educación familiar.jpg

O Concello de Narón abre o xoves 26 de setembro o prazo para inscricións en novas actividades e obradoiros enmarcados no Programa Municipal de Educación Extraescolar PROMEDEX.

Levaranse a cabo Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Educación Infantil e alumnado de Educación primaria. Nestes obradoiros, a través dunha metodoloxía lúdica, realizarase unha inmersión lingüística na lingua inglesa no caso da Educación infantil e, nos de Educación primaria, desenvolveranse conceptos en relación coa gramática, vocabulario e comprensión lectora. Estes obradoiros terán lugar nos centros de ensino de Narón de outubro de 2019 a maio de 2020.

  1. Para máis información consulta na Sede Electrónica da páxina Web do Concello na seguinte ligazón:  https://192.168.0.88/siac/default.aspx

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar