O Concello abrirá este venres o prazo de inscrición nun curso de Limpeza hoteleira convocado a través do Programa Municipal de Formación

Versión para impresoraEnviar a un amigo
hotel-4416515_1920.jpg

O Concello de Narón convoca, a través da área de Formación que dirixe a edil Natalia Hermida, un curso sobre Limpeza hoteleira.

O prazo de inscrición para esta nova acción formativa abrirase o vindeiro venres, día 13, e rematará o día 20 deste mes, debendo presentarse as solicitudes a través do Rexistro Municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou da Sede Electrónica do Concello de Narón, donde se pode consultar toda a información correspondente a este curso. Hermida recordou que a convocatoria se dirixe a un total de quince persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón.

Entre os contidos a abordar durante as 236,50 horas de duración do curso están, tal e como figura no programa: Seguridade, hixiene e saúde nos procesos de limpeza, uso de produtos e lavado de roupa; arranxo de habitacións en zonas común e aloxamentos; organización do aloxamento; atención ao cliente na limpeza hoteleira; lavado, pasado a ferro e arranxo de roupa en aloxamentoe e emprendemendo, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero, entre outros. Así mesmo, o curso inclúe 20 horas de formación en obradoiros de hostalería e 120 horas de prácticas profesionais non laborais.

As sesións teóricas impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e a práctica nas instalacións das empresas colaboradoras, ás que Hermida agradeceu a súa participación. As datas previstas de realización son do 27 deste mes ao 4 de decembro e as clases serán sempre en horario de mañá, de luns a venres de 9.00 a 14.00, se ben o horario das prácticas virá determinado dende as propias empresas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1123; 2602; 1120 e 1107).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar