O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nas Xornadas Butaksu dirixidas a mozas e mozos de entre 12 e 35 anos

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_Cartel Bukatsu.jpg

A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou a apertura, mañá, do prazo de inscrición nas Xornadas Butaksu, que se desenvolverán os días 25 e 26 de maio na Casa da Mocidade, na Gándara, e no recinto Feiral Expo Coruña (A Coruña). Hermida anunciou que se trata dunha proposta dirixida a un total de trinta mozas e mozos de entre 12 e 35 anos (ambas idades incluídas) e que terán preferencia á hora de participar as persoas empadroadas en Narón. As inscricións poden formalizarse ata o vindeiro 20 de maio a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou no Rexistro municipal.

O día 25 de maio os participantes reuniranse na Casa da Mocidade, na Gándara, donde entre as 16.30 e as 17.00 horas haberá unha xuntanza cos seus pais e nais para informalos dos horarios, puntos de recollida e do que precisan para participar na convocatoria do día seguinte. Entre as 17.00 e as 20.00 horas os mozos e mozas participarán nun obradoiro de decoración de roupa con temáticas Kpop, anime, e manga, monitorizado por persoal da asociación Gaikai, para levar a Spotaku (o día 26). Así mesmo, entre as 17.00 e 20.00 visionarán unha reportaxe sobre a cultura coreana e xaponesa. 

O domingo 26 ás 9.00 horas terá lugar unha recepción aos participantes na Casa da Mocidade para, a continuación, saír en bus cara a Expotaku, que se celebrará no recinto ExpoCoruña e a donde está prevista a chegada ás 10.00 horas. Os mozos e mozas participarán alí en diferentes obradoiros ata a hora do xantar, ás 14.00 horas. Pola tarde, entre as 15.00 e as 20.30 horas continuarán os obradoiros e actividades da Expotaku e ás 21.00 horas os participantes sairán de novo en bus cara á Casa da Mocidade, a donde chegarán sobre as 21.45 horas. 

Hermida explicou que se trata dunha proposta a través da que se aposta por “achegar á mocidade o coñecemento doutras culturas, fomentando a súa aprendizaxe en diferentes disciplinas, como a música, as artes escénicas, a lectura, para vislumbrar o relato visual que ofrece a cultura nipona”. A concelleira naronesa agradeceu o traballo realizado dende a cidade pola asociación Gaikai e animou ás mozas e mozos a apuntarse nesta novidosa iniciativa.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar