O Concello abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nun curso de Soldadura MIG/MAG

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Soldando.jpg

O curso, que estará dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, terá unha duración de 440 horas e 120 máis de prácticas profesionais non laborais.

O Concello convoca un curso de “Soldadura MIG-MAG”. A Concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 3 de febreiro ás 8.30 horas ate o día 10 de febreiro de 2020 ás 13.30 horas. En total, según avanzou a concelleira naronesa, haberá quince prazas dirixidas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón.

O curso impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 17 de febrerio ao 29 de xuño de 2020, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas en Aula e durante a realización das prácticas en empresa, no horario que se determine, a razón de 5 horas / día. O curso constará de 440 horas e abordaranse contidos como interpretación de planos de soldadura, seguridade no corte de chapas e perfís metálicos, prevención de riscos laborais e ambientais na soldadura, soldadura por proceso GMAW (MIG-MAG), proceso de soldeo con fío tubular (FCAW), equipos e tecnoloxía de soldeo e técnicas operativas, modos de transferencia, módulos transversais de igualdade e de inserción laboral e técnicas de procura de emprego. Así mesmo realizaránse un total de 120 horas de prácticas profesionais non laborais.

Hermida informou de que as persoas interesadas, e que cumpran os requisitos esixidos, poderán facer a solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Sede Electrónica e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Para máis información, na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello, ou contactar co Servizo Sociocomunitario, Tfno. 981.33.77.00, extensión 1108 e 1109.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar