O Concello amplía ata o 1 de xuño o prazo de matrícula en dúas accións formativas de Prevención de Riscos Laborais no sector naval e Traballos en altura e verticais

Versión para impresoraEnviar a un amigo
dameuntoke.jpg

A Concellería de Formación e Mocidade amplía o prazo de inscrición en dúas accións do Programa Municipal de Formación sobre Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais no sector naval –cunha edición pendiente, ao rematar a semana pasada a primeira- e Traballos en altura e verticais -dúas edicións-.

Estas propostas, que se desenvovlerán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, diríxense a persoas desempregadas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos, e pódense formalizar as inscricións a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica ata o vindeiro 1 de xuño.

As persoas interesadas terán que cumprir unha serie de requisitos para poder realizar o curso, no caso de ser admitidos. Así o recordou a concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, ao explicar que ambos requiren a realización das accións formativas e a súa certificación e, a maiores, deberán acreditar que dispoñen da formación básica de 60 horas de Prevención de Riscos Laborais.

A edición pendiente do curso de Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais será do 5 ao 8 de xuño -16 horas en total- e diríxese a un máximo de vinte alumnos/as. O curso de Traballos en altura e verticais, terá dúas quendas, unha do 11 ao 22 de xuño e outra do 25 de xuño ao 6 de xullo -40 horas cada unha- para un total de doce persoas en cada quenda. En ambos casos o alumnado seleccionarase por orde de inscrición, según recalcou a edil naronesa.

Así mesmo, Hermida recordou que aínda quedan algunhas vacantes para o curso de soldadura TIG e MIG subvencionado cunha axuda do Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Esta acción formativa enmárcase no proxecto “Mocidade Narón Activa 4.0”, e diríxese a persoas desempregadas, empadroadas en Narón, e de entre 16 e 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de inscrición rematará tamén o vindeiro venres, 1 de xuño, podendo formalizarse ata esa data a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica. 

O curso de Soldatura TIG e MIG consta de 684 horas, teóricas e prácticas, e poderán facelo quince persoas. Os aspirantes terán que superar os requisitos esixidos de acceso (fase eliminatoria) e unha baremación (na que se valorarán a formación, experiencia, antigüidade no desemprego….) para posteriormente acudir a unha entrevista persoalizada e superar unha proba de aptitude médica.

  1. As persoas que desexen recibir máis información sobre estas tres accións formativas poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Proxecto-Formativo-Mocidade-Naron-Activa.pdf ou -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Medio-Ambiente-PRL-Naval-Traballos-Altura-Verticais.pdf- ou chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar