O Concello amplía o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e comedores escolares no curso 2019-2020

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_cahiers-1089504_640.jpg

O Concello ampliará ata o vindeiro 11 de xullo –incluído- o prazo para que as familias con fillos e fillas en idade escolar soliciten as axudas municipais para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e de comedor para centros concertados no curso académico 2019-2020. Esta convocatoria pública aprobouse o pasado 20 de maio, se ben agora se amplía o prazo de presentación das solicitudes.

As axudas para material didáctico e escolar poderán solicitalas familias empadroadas en Narón con fillos escolarizados en educación Infantil (2º ciclo), educación Primaria, ESO, Bacharelato, FP de ciclos medios, educación Secundaria de adultos e centros de educación especial.

As correspondentes aos comedores escolares para alumnas e alumnos de colexios concertados da cidade, poden solicitalas as familias residentes e empadroadas en Narón, con fillos e fillas matriculados en centros de ensino concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria para o curso 2019-2020 con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral do Concello de luns a venres -de 8.30 a 13.00 horas- a través dun modelo disponible no Rexistro, na Sede Electrónica do Concello –donde tamén se poderán tramitar, ao igual que por calquera dos medios previstos no art.16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das AAPP-.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar