O Concello convocará o vindeiro mes de setembro seis novos cursos do Plan Municipal de Formación

Versión para impresoraEnviar a un amigo
woman-2701154_640_0.jpg

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a próxima convocatoria, en setembro, dun total de seis cursos do Plan Municipal de Formación.

Estas accións formativas diríxense a veciñas e veciños de Narón, desempregados e maiores de 18 anos, tal e como se especifica en cada unha das convocatorias. En total ofertaranse noventa prazas, según avanzou Hermida, para os cursos de Peixería, Electricidade básica, Limpeza hoteleira, Reposición, Caixa e atención seccións supermercados, xardinería e poda e Soldadura con electrodo e TIG. “En total, con estes seis cursos ofreceremos este ano dende o Concello case 1.900 horas máis de formación a veciñas e veciños empadroados na cidade, o que suporá unha oportunidade para persoas que na actualidade están desempregadas e queren ampliar a súa formación ou iniciala nalgunha destas áreas específicas”, asegurou Natalia Hermida.

A maiores de convocarse en setembro, nese mesmo mes comezaranse a impartir catro das citadas accións formativas, cun máximo de quince prazas cada unha delas: Peixería (400 horas), Electricidade básica (300 horas), Limpeza hoteleira (236,5 horas) e Reposición, caixa e atención seccións supermercados (280 horas). 

Será tamén o vindeiro mes cando se abrirá o prazo de solicitude dos cursos de Xardinería e poda, cun total de 15 prazas e de 271 horas de duración, e o de Soldadura con electrodo e TIG –a maiores dos requisitos xerais solicitarase que o alumnado teña o curso básico de 60 horas de Prevención de Riscos Laborais-, con 15 prazas e de 400 horas de duración. En ambos casos, tal e como explicou Hermida, as accións formativas comezarán a impartirse o vindeiro mes de outubro.

A concelleira de Formación avanzou que antes de rematar o ano tamén se convocarán a través do Programa municipal de Formación de Narón cursos de Prevención de Riscos Laborais (60 horas); Operador carretilleiro e operador de plataforma elevadora PEMP (UNEs) (35 horas); Prevención de Riscos no Naval e Medio Ambiente no sector Naval (16 horas); Prevención de Riscos Laborais: traballos en alturas e traballos en espazos confinados (16 horas); Hixiene alimentaria (5 horas) e Primeiros auxilios (5 horas). No caso destas seis accións formativas, a previsión actual é, según indicou Hermida, inicialas entre os meses de novembro e decembro.

Todos estes cursos, sobre cuxos prazos para inscribirse e iniciación se informará a medida que se vaian convocando, deberán solicitarse a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica do Concello –donde estarán dispoñibles as instancias para todas as accións formativas-. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

A concelleira de Formación explicou que as persoas interesadas deben estar pendientes da convocatoria de cada un destes cursos, que se irá anunciando a partir desta semana dende o Concello, a medida que se abran os prazos de inscrición en cada unha destas accións formativas. 

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 377 700 (extensión 1123).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar