O Concello colabora coa Asociación Cultural Impact na organización da Final galega de Modern

Versión para impresoraEnviar a un amigo
1_premioR.jpg

O Concello de Narón colabora coa Asociación Cultural Impact na organización da Final galega de Modern, do xogo Magic The Gathering. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, indicou que a cita será este sábado, día 15, a partir das 10.30 horas no local social do Alto do Castiñeiro. Pola súa parte, desde a Asociación Cultural Impact avanzaron que participarán un total de 34 finalistas que aspiran ao título de Campión Galego de Modern e que xogarán nos formatos Modern Oficial, Suizo e Top 8.

Á final de Modern súmase tamén o sábado un torneo paralelo de Modern Navideño, no que se repartirán varios premios que poderán levar algúns dos máis de sesenta xogadores que acudirán desde diferentes concellos da comarca, entre eles o de Narón, e outros de Galicia. As inscricións formalizaranse entre as 10.45 e as 11.10 horas, para comezar a xogar ás 11.15 no formato Modern non oficial, Suizo e Top 8. A participación é aberta e ten un prezo de 10 euros para maiores de 21 anos e 7 euros para o resto, tal e como indicaron desde a Asociación Cultural Impact.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar