O Concello continúa desenvolvendo os actos conmemorativos do Día do Libro

Versión para impresoraEnviar a un amigo
libro_25042021.png

Na Ludoteca municipal da Solaina realízanse dende o luns actividades pensadas para menores de 3 a 12 anos.

A Biblioteca municipal acolle dende o venres pasado e ata finais deste mes a exposición “O nunca lido, formada por publicacións moi diversas e que non saíron en calidade de préstamo das instalacións. Co fin de promocionar a súa lectura, dado que abranguen diferentes temáticas, organizouse esta mostra ao tempo que continúan desenvolvéndose outras actividades en instalacións municipais e tamén vía telemática, algunhas delas iniciadas a comezos desta mesma semana con motivo do Día do Libro, que se conmemorou o venres.

Deste xeito, na Ludoteca municipal da Solaina realízanse dende o luns actividades pensadas para menores de 3 a 12 anos. O venres pasado as 17:00 realizaronse as seguintes actividades : os contacontos “O señor Corpo quere xogar”, de Borrás Sanjurjo, e “O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba”, de M. Prado e D. Aceituno. Os máis maiores, de entre 7 e 12 anos, participaron na elaboración do mural “Razóns para ler, no que deixaron constancia dos seus gustos literarios, personaxes favoritos e as razóns polas que os libros son importantes nas súas vidas.

Así mesmo, dende o SNL organizáronse outras propostas ás que se pode acceder dende os enlaces indicados e tamén dende un banner da web do Concello –www.naron.es-: un obradoiro de marcapáxinas -https://player.vimeo.com/video/538613281-, a canción “Imos de festa” -https://player.vimeo.com/video/539045845- e o contacontos “Xan das ondas” -https://player.vimeo.com/video/539076828-. Trátase de tres vídeos de Barafunda que se poden ver dende o pasado mércores e que permanecerán durante varias semanas abertos para que as persoas que o desexen poidan velos.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar