O Concello convoca o programa “ConciliaVerán” na escola de Domirón e os “Campamentos de verán” no Pazo da Cultura para facilitar a conciliación

Versión para impresoraEnviar a un amigo
conciliacion_18052021_dameuntoke.png

Non vos perdades o ConciliaVerán de este ano que se realizará do 28 de xuño ao 3 de setembro en varias quendas.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Mar Gómez, presentaron unha nova edición do programa municipal ConciliaVerán, dirixido a menores de Narón nados entre 2009 e 2017, empadroados ou escolarizados na cidade e que traballen os dous membros parentais (pai, nai, custodio/a, titor/a…). A rexedora local avanzou que “o servizo é de balde e desenvolverase na escola de Domirón (CRA) do 28 de xuño ao 3 de setembro, de luns a venres e cun total de noventa prazas”.

A edil de Igualdade explicou que as quendas serán do 28 de xuño ao 9 de xullo; do 12 ao 23 de xullo; do 26 de xullo ao 6 de agosto; do 9 ao 20 de agosto e do 23 de agosto ao 3 de setembro. “Para que este servizo de conciliación chegue ás máximas familias posibles tan só é posible solicitar unha quenda, aínda que na solicitude deberase indicar a orde de preferencia noutras quendas por se non tivesen praza na elixida como primeira opción”, apuntou Gómez.

Así mesmo, a alcaldesa indicou que “haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas para deste xeito facilitar a conciliación, e unha vez na escola de Domirón os menores participarán entre as 9.00 e as 14.00 horas nunha gran variedade de actividades educativas e lúdicas”. Ferreiro explicou que este programa centrarase nunha temática xeral que este ano “apostará por facer máis visibles a figuras femininas que destacaron na historia en diferentes ámbitos”. As actividades programadas en cada unha das quendas centrarase polo tanto nas persoas de Ánxeles Alvariño, Ánxela Ruíz, Elisa e Marcela, Maruxa Mallo e Eugenia Pereira.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar