O Concello convoca unha praza de auxiliar administrativo a través do sistema de concurso-oposición libre

Versión para impresoraEnviar a un amigo
computer-1185637_1920.jpg

O Concello de Narón convoca unha praza de auxiliar administrativo (grupo C2) para o Padroado da Cultura.

A través do sistema de concurso oposición libre seleccionarase a unha persoa para esta praza mediante un proceso que consta dunha fase de oposición e outra de concurso. As persoas interesadas en presentarse aos exames dispoñen dun prazo de vinte días naturais –contados dende onte- para presentar a documentación a través da Sede Electrónica do Concello.

A fase de oposición constará de catro exercicios: un cuestionario de vinte preguntas curtas; o desenvolvemento dun tema do programa a elixir entre dous escollidos ao chou e unha proba de ordenador con Office 2013 Profesional no tempo establecido polo tribunal do exame. A maiores, haberá unha proba de galego que consistirá na traducción dun ou varios textos nun tempo dunha hora, e da que estarán exentos os aspirantes que posúan o título Celga 4. Así mesmo, a fase de concurso consistirá na valoración por parte do tribunal dos servizos prestados en administracións públicas e cursos impartidos por organismos públicos ou homologados por entidades públicas.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Sede Electrónica do Concello de Narón.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar