O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática celebran mañá varios actos con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Víctimas do Holocausto

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Rmonument-1106015_640.jpg

O Concello de Narón acollerá mañá os actos programados con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, que ten lugar cada 27 de xaneiro. A programación, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, deseñouse un ano máis en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática e a maiores dunha charla que se impartíu a alumnado do colexio Santiago Apóstol incluirá mañá a inauguración da exposición “Galegos en Mauthausen”, que se poderá ver nos baixos da Biblioteca municipal, e un acto de acendido de velas no salón de plenos no Concello a partir das 12.00 horas, en homenaxe aos represaliados nos campos nazis.

A exposición “Galegos en Mauthausen”, situada na pranta baixa da Biblioteca municipal está composta por un total de corenta imaxes nas que se fai referencia aos represaliados no campo de Mauthausen. O pobo de Mauthausen, o campo de concentración, os represaliados, a escaleira, a morte, as fábricas soterradas e os represaliados da comarca de Ferrolterra, son algunhas da imaxes que poderán verse nesta mostra. Trinta e nove escolares do colexio Santiago Apóstol, xunto con profesorado do centro, asistirán mañá ás 11.45 a unha visita guiada por esta exposición, na que o mestre e historiador Enrique Barrera, secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática, lles ofrecerá unha serie de explicacións. Esta visita complementará unha actividade que os menores levaron a cabo na aula do seu centro o pasado día 17, na que Barrera impartiu unha conferencia sobre “Euxenesia e Holocausto”.

Trala visita á exposición o colectivo desprazarase ao salón de plenos do Concello donde ás 12.00 horas se acenderán seis velas en recordo dos milleiros de persoas asasinadas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, portavoces dos grupos da corporación local e outros representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática participarán nesta convocatoria.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar