O Concello impulsa nos centros de ensino as “Xornadas de divulgación medioambiental en Narón” a través dun proxecto enmarcado no GAPL

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Xornadas GALP.png

Durante o transcurso da actividade, rapaces e rapazas de segundo curso de ESO asistiron a charlas sobre sotibilidade e á proxección de vídeos sobre a Red Natura 2000.

Alumnado de terceiro curso de ESO dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos participou a pasada semana nas “Xornadas de Divulgación Medioambiental en Narón. Aula itinerante Marítimo costeira", organizadas polo Concello en colaboración coa Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Produtos Pesqueiros (Fedepesca). As concellerías de Promoción Económica e Medio Ambiente, dirixidas por David Pita e Santiago Galego, respectivamente, implicáronse nesta proposta, co fin de impulsar “unha actividade de divulgación e sensibilización entre o alumnado ao que se dirixe”.

Os edís naroneses participaron nunhas charlas sobre sostibilidade e durante o transcurso da actividade tamén se proxectaron uns vídeos sobre a Red Natura 2000 e as cadeas de valor tanto da pesca como da acuicultura españolas e a súa aposta pola sostibilidade económica, social e medioambiental. Así mesmo, explicaron que áreas do municipio naronés están incluídas na Red Natura 2000 e destacaron a importancia da súa posta en valor “para explorar todo o seu potencial en canto á protección da biodiversidade pero tamén como zonas de atracción turística e explotación económica compatible co coidado do medio ambiente”.

Nas xornadas participou tamén “Blue”, o robot de Fedepesca, co obxectivo de sensibilizar, dun xeito innovador, ás rapazas e rapaces en particular e á cidadanía en xeral sobre a “Cadea Pesqueira Responsable” e, máis concretamente, sobre a protección e recuperación da biodiversidade mariña, a Red Natura 2000. A maiores, tamén se incide na importancia da conservación dos recursos biolóxicos, a limitación da pesca no medio mariño, a adaptación da pesca á protección das especies e as boas prácticas medioambientais realizadas tanto na cadea pesqueira como na acuícola, tal e como indicaron Pita e Galego.

Os concelleiros abordaron a sensibilización sobre a importancia da protección e recuperación da biodiversidade mariña e tamén a necesidade de mellorar o coñecemento en relación coa Red Natura 2000 e espazos protexidos por outras ferramentas, en concreto no municipio naronés.

O proxecto enmárcase nun dos seis que o GALP subvenciona no Concello naronés e permitirá, tal e como avanzaron os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, desenvolver máis actividades en centros de ensino da cidade vencelladas ao sector marítimo pesqueiro. David Pita e Santiago Galego agradeceron a colaboración de todas as persoas vencelladas a esta iniciativa e anunciaron o seu compromiso a continuar desenvolvendo este tipo de actividades na cidade.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar