NOVAS

O Concello iniciou o sábado pasado na Gándara unha nova edición do programa Prazas Vivas

Publicado o 15 de Novembro de 2017

A praza da Gándara foi a ubicación elixida para iniciar este ano o programa Prazas Vivas. A iniciativa constará dun total de nove obradoiros que se impartirán –en función do espazo- en cinco zonas do núcleo urbán e tres do rural da cidade.

Os obradoiros son de participación libre e de balde e serán sobre Grafite, Baile, Circo e puzles xigantes, Chapas, Participación na carroza, Deslizamento, Xincana deportiva, Globoflexia e Pintacaras.

 

  1. As citas serán sempre en horario de 16.30 a 18.30 horas.
  2. Onde sen van a desenvolver? O día 11 de novembro foi na Praza da Gándara; o 18 será no parque do paseo marítimo de Xuvia; o 25 no Centro Cívico Social do Val; o 2 de decembro na pista e o parque Amalia Díaz, no Alto; o 9 na Praza da Constitución, na Solaina; o 23 no Parque de Freixeiro; o 27 no Centro Cívico Social de San Xiao e o 30 de decembro nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso. Se chove? A organización conta con espazos alternativos para desenvolver estes obradoiros, que se comunicarán coa suficiente antelación.

 

"Con estes obradoiros impulsamos unha nova actividade solidaria, xa que as veciñas e veciños que acudan aos mesmos terán a oportunidade de doar alimentosnon perecedeiros nas diferentes ubicacións donde terán lugar”, explicou Catalina García na presentación de Prazas Vivas 2017. A edil recordou ao respecto que os produtos se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

A veciñanza de Narón ten a oportunidade de participar nos obradoiros previos da construción das carrozas que formarán a comitiva da citada cabalgata. Con esta finalidade estanse organizando nos diferentes barrios e parroquias unha serie de sesións de dinamización para que as naronesas e naroneses constrúan as carrozas. A edil de Acción Social e Participación Cidadá indicou ao respecto que se trata de que “cada barrio impulse unha temática diferente que represente a diversidade do noso concello”.

En conxunto, a través do programa Prazas Vivas “tentamos de afastar a visión consumista da tempada do Nadal, primando os valores solidarios entre a veciñanza e colaborando con aquelas familias que máis o necesitan, ao tempo que gozamos dunhas actividades nas que nenos e maiores compartan un período de aprendizaxe e ocio”, destacou García. A concelleira agradeceu a colaboración de tódalas entidades e particulares e animou á veciñanza a participar nestes obradoiros, “ao igual que o fixeron en anos anteriores, donde se implicaron moitas veciñas e veciños de Narón”.

E a xente nova non imos ser menos, non si? Vémonos nas Prazas!!