O CPEIG premia con 1.000 euros o mellor proxecto TIC de fin de carreira

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
info.png

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) está apoiando aos novos profesionais das redes e as ferramentas do coñecemento de Galicia. O obxectivo é mellorar a profesión mesma por iso organizan o Premio Proxecto Fin de Carreira que vén de convocarse para estudantes de Enxeñaría en Informática que desenvolveran os seus estudos en Galicia nos últimos dous anos (2009 ou 2010).

O galardón, que constitúe para o CPEIG unha canle de achegamento á realidade do colectivo estudantil, enmárcase no programa de actividades dos Premios da II Noite de Enxeñaría en Informática de Galicia, gala de recoñecementos TIC que o Colexio ten proxectado celebrar o vindeiro 15 de outubro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago.

Aproveitade a ocasión e presentade as vosas propostas

 
xunta de galicia consellería de traballo e benestar