O espectáculo AnatomÃa dunha serea pecha o venres a cuarta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular


A compañÃa galega Chévere pechará o vindeiro venres, dÃa 29, o Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que se iniciou na cidade o pasado 7 de marzo.
Nesta ocasión, o público terá a oportunidade de ver o monólogo AnatomÃa dunha serea, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
A actriz Iria Pinheiro é a protagonista deste espectáculo, unha peza de teatro documental construÃda sobre a memoria e a experiencia persoal de Pinheiro como nai e vÃtima da violencia obstétrica. É unha obra autobiográfica e con carácter testemuñal.
O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular acolleu un total de sete espectáculos nesta cuarta edición, a maiorÃa protagonizados por mulleres e cunha firme aposta pola creación galega. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos potenciar as propostas dramáticas unipersoais a través dos monólogos, combinando unhas liñas de traballo dirixidas a todo tipo de públicos.