O GALP Golfo Ártabro Norte abre o prazo de solicitude de axudas para financiar proxectos vencellados ao sector pesqueiro

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Rtravel-3940062_640.jpg

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, do que forma parte o Concello de Narón, ofrece unha nova liña de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca dirixidas a particulares, entidades ou asociacións interesadas en buscar financiamento para a posta en marcha de proxectos vencellados ao sector pesqueiro. As axudas, tal e como apuntou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, están orientadas á creación de emprego, atracción de xóvenes e promoción da innovación, ao apoio á diversificación, así como ao fomento do benestar social e do patrimonio cultural mariñeiro e a investimentos turísticos. O prazo de presentación das solicitudes rematará vindeiro 1 de marzo.

Desde o Galp Golfo Ártabro Norte explicaron que estas axudas abarcan multitude de actuacións complementarias ao sector pesqueiro, sendo subvencionables actuacións como a creación e melloras en industrias de comercialización e transformación de produtos pesqueiros, venda on line e páxinas web, centros de actividades náuticas, rutas acuáticas, turismo industrial vencellado ao mar, impulso a servizos do Camiño Inglés…

As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao blog: https://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/ ou chamar aos números de teléfono: 981 784 417 ou 636 736 788. Así mesmo, na páxina web dos Grupos de Acción Local de Galicia pódense ver os proxectos aprobados pola Consellería do Mar nas convocatorias anteriores –dos anos 2016, 2017 e 2018- dos oito grupos galegos –https://galp.xunta.gal/proxectos-aprobados.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar