O IES Terra de Trasancos acollerá mañá unha charla sobre “Uso das redes sociais” dirixida ás familias de alumnado de centros da cidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
redes.png

Supón a primeira das charlas que figuran no programa "Fóra de xogo" sobre prevención de condutas aditivas.

IES Terra de Trasancos acollerá mañá unha charla sobre “Uso das redes sociais” -17.30 horas- dirixida a familiares de alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. A convocatoria correrá a cargo da pedagoga Anabel Mosquera e xa se realizou a pasada semana no colexio Virxe do Mar, dirixida a familias doutros centros de ensino da cidade, tal e como recordou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo. A edila indicou que a convocatoria se enmarca no programa municipal “Fóra de xogo” sobre prevención de conductas aditivas e avanzou que terá continuidade o vindeiro mes de marzo. O Concello convoca esta xuntanza en colaboración coas Anpas dos diferentes centros educativos.

A segunda charla que se impartirá –tamén Anabel Mosquera- no marco deste programa será sobre “O xogo con apostas”, e terá lugar o día 3 de marzo no colexio Virxe do Mar, para familias de alumnado dos centros Santiago Apóstol, A Gándara, Ayala, A Solaina e Virxe do Mar e o 10 de marzo no IES Terra de Trasancos, para o mesmo colectivo que a charla de mañá pola tarde no Auditorio.

As familias, tal e como subliñou Taibo, recibirán información sobre os riscos de determinados tipos de conductas aditivas e como poder detectalas, para así evitar os riscos que supoñen, cada vez en idades máis temperás na sociedade actual.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar