O local social do Alto do Castiñeiro acollerá mañá o primeiro torneo da Liga Impact Legacy 2019

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Rdsc6294_orig.jpg

A Asociación Cultural Impact celebrará mañá o primeiro torneo da Liga Impact Legacy 2019 nas instalacións do local social do Alto do Castiñeiro. 

O Concello de Narón colabora coa entidade na organización deste evento, que reunirá a preto de medio cento de persoas, según as estimacións iniciais.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no propio local do Alto, entre as 10.00 e as 10.30 horas, xusto antes do inicio deste evento. Nos torneos contabilizaranse os cinco mellores resultados de cada xogador e en caso de empate, ao remate da Liga designarase ao gañador ou gañadora en función do maior número de finais gañadas, disputadas ou de terceiros postos, e así sucesivamente, tal e como explicaron desde a organización.

Os primeiros clasificados levarán ao final da Liga os correspondentes premios, que no caso dos tres primeiros postos inclúen un trofeo.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar