O parque de Xuvia acollerá hoxe un Obradoiro de fabricación de papaventos e papiroaeronáutica

Versión para impresoraEnviar a un amigo
papaventos_30042021_dameuntoke.png

O obradoiro será de balde e poderán participar todas as persoas que o desexen, non sendo preciso inscribirse previamente.

O Concello organizou a través do Servizo de Normalización Lingüística un Obradoiro de papaventos e papiroaeronáutica que terá lugar hoxe venres, de 17.00 a 19.00 horas, no parque de Xuvia (á altura do parque infantil do paseo de Xuvia). A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha iniciativa dirixida a menores a partir de seis anos e a través da que se aposta por “promover o uso da lingua galega no lecer”.

O obradoiro será de balde e poderán participar todas as persoas que o desexen, non sendo preciso inscribirse previamente. Dende a organización estableceranse as medidas oportunas de prevención da covid-19, debendo os participantes levar máscara en todo momento. As nenas e nenos irán comezando o obradoiro por orde de chegada, estando limitado o número de participantes á capacidade da instalación, polo que os participantes se irán unindo a medida que queden ocos libres, tal e como se indicou.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar