O Pazo acollerá este mes a presentación do primeiro traballo discográfico da banda de rock naronesa “Auténticos farsantes”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
AutenticosFarsantesv2.jpg

O Pazo acollerá este mes a presentación do primeiro traballo discográfico da banda de rock naronesa “Auténticos farsantes”.

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro día 27 a presentación en exclusiva do primeiro traballo discográfico de “Auténticos farsantes”, titulado “Auténticos farsantes en directo e un pelín trasnochados”. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o feito de que se trata dunha banda de rock naronesa integrada por Fernando Couce –bataría, mazas…-, Chechu Mosquera –baixo e voces-, Carlos Mosquera –guitarras, voces…- e José Prieto –voz e megáfono-.

O disco que presentarán na cidade foi gravado recentemente, en directo, na sala La Room de Ferrol, contando coa dirección de Segundo Grandío, do estudo “Casa de Tolos” e producido pola empresa Run-Rum Axencia. Esta banda naronesa xorde da inquedanza do tamén dramaturgo e director José Prieto, que compón as cancións que interpretarán, cargadas de moita ironía e humor.

O concerto dará comezo ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar