O Pazo da Cultura acollerá o mércores un obradoiro de Desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e oportunidades de financiamento a través do GALP Golfo Ártabro Norte

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R-Obradoiro GALP.jpg

O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro mércores, día 6, unha xornada informativa sobre Desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e oportunidades de financiamento, impulsada a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro. Trátase dun obradoiro no que se poderán inscribir, de balde, todas as persoas interesadas, a través da ligazón: bit.ly/ObradoiroGALP_GAN e con prazas limitadas. A convocatoria dará comezo ás 18.00 horas e na mesma os participantes poderán coñecer oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables ao abeiro desta liña de axudas, aberta ata o 1 de marzo, tal e como recordaron desde a organización. 

O sector pesqueiro, actividades náuticas e o turismo están entre os ámbitos de actuación recollidos nestas liñas de axuda, dirixidas a persoas interesadas en emprender ou ampliar os seus negocios. Na xornada informarase sobre oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte e tamén se estudarán casos de éxito impulsados a través destas axudas. A mellora da competitividade do sector empresarial e a búsqueda de novas alternativas de desenvolvemento do territorio para motivar a retención de talento e o crecemento sostible, forman parte dos obxectivos desta convocatoria.

Ás 18.00 horas informarase aos asistentes sobre O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades de emprendemento; ás 18.30 falarase sobre Oportunidades de negocio no marco do GALP Golfo Ártabro Norte; ás 19.00 presentarase o caso de Pechakucha, un caso de éxito a partir das axudas dos GALP; ás 20.00 explicarase Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio e ás 20.30 poderase degustar un pincho mariñeiro e haberá unha sesión de networking, para tratar de crear unha rede de contactos entre os participantes.

Desde o Concello de Narón anímase ás persoas interesadas en coñecer esta liña de axudas a inscribirse nesta convocatoria, donde poderán recibir a información oportuna e solventar posibles dúbidas.

DocumentoTamaño
Obradoiro GALP.pdf620.1 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar