O sorteo das prazas do programa municipal ConciliaVerán realizarase mañá no Concello

Versión para impresoraEnviar a un amigo
mic_03062021_dameuntoke.png

Ofertaronse un total de 90 prazas e impartirase do 28 de xuño ao 3 de setembro en varias quendas.

A sala de prensa do Concello acollerá mañá venres, día 4, ás 10.00 horas, o sorteo público das prazas correspondentes ao programa municipal ConciliaVerán, dirixido a menores nados entre 2009 e 2017. O resultado do sorteo co nome dos menores con praza adxudicada e os que quedarán na lista de agarda poderase consultar a partir de mañá tamén na web municipal.

O programa, que se impulsa co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ofertou un total de 90 prazas e impartirase do 28 de xuño ao 3 de setembro –en varias quendas- no CRA de Domirón. Trátase dunha iniciativa de balde e na que os menores participarán en varias actividades de carácter formativo e lúdico.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar