O venres comezan as I Xornadas Pedagóxico-Deportivas de Fútbol

Versión para impresoraEnviar a un amigo
I Xornadas Pedagóxico-Deportivas de Fútbol

Durante o mes de febreiro celébranse estas novidosas xornadas coa presenza de varios xogadores e parte do equipo técnico do Deportivo da Coruña.

Natalia Hermida, concelleira de Deportes de Narón e o director técnico do Club Narón Balompé Piñeiros, Manel Fernández Anido, presentaron as primeiras Xornadas Pedagóxico-deportivas de Fútbol que organizan o Padroado de Deportes e o Club Narón Balompé Piñeiros, en colaboración co Real Club Deportivo de A Coruña. Terán lugar no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, os días 5, 12 e 19 de febreiro e nas mesmas participarán destacados membros da plantilla e do equipo técnico do Real Club Deportivo de A Coruña.

A primeira xornada celebrarase o venres 5 de febreiro, a partires das 17:00 horas, e terá como título “Alimentación do deportista. Primeiros auxilios”. Esta conferencia será impartida polo traumatólogo Javier Pombo Prieto, mestre da escola de entrenadores do R.C. Deportivo da Coruña. Está dirixida principalmente a directivos, delegados e entrenadores de calqueira clube deportivo.

A seguinte cita está programada para o venres 12 de febreiro, ás 20:00 horas, baixo o título “O papel dos pais na iniciación deportiva”. O psicólogo do Deportivo da Coruña e responsable da área educativa deste clube, Macario Bravo Felipez, encargarase de falar sobre este tema. A conferencia está dirixida principalmente a pais e titures de deportistas do Club Narón Balompé Piñeiros, e tamén a público en xeral.

E finalmente, este ciclo de conferencias pecharase o venres 19 de febreiro cunha ponencia titulada “A importancia do fútbol base” dirixida a todos os integrantes do Club Narón Balompé Piñeiros e aberta ao público en xeral. Estará impartida por Rogelio Ramallo Peña “Tito Ramallo”, coordinador deportivo das categorías base do Deportivo de A Coruña, e adestrador do Fabril. Pero ademáis estará acompañado polos xogadores do primeiro equipo Juan Carlos Valerón Santana, e Juan Domínguez Lamas, xunto cos xogadores do Fabril Diego Rivas Rego e Daniel Rodríguez Vázquez.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar