Obradoiro de Regueifas organizado polo SNL do Concello de Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Regueifa.jpg

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello, dependende da Concellaría de Ensino, que dirixe a edil Mercedes Taibo, programou diversas actividades para os primeiros meses do ano, entre elas un interesante obradoiro de regueifas.

O Servizo de Normalización ten programadas actividades para o alumnado da ESO dos colexios públicos da cidade. Serán eles os protagonistas dos obradoiros de regueifas para alumnado de cuarto da ESO do IES As Telleiras –días 5 e 6 de abril- e de segundo curso da ESO do IES Terra de Trasancos –o 6 de marzo-. “Neste caso, o obxectivo é dinamizar o emprego da lingua galega, pero a maiores profundizando nas regueifas, un xénero de improvisación oral en verso que obrigará ao alumnado a agudizar o seu enxeño e creatividade”, explicou a concelleira de Ensino.

As persoas interesadas nas actividades poden informarse no quinto andar do Concello, a través do número de teléfono 981 337 700 (ext. 1516), no correo electrónico: a.pita@naron.es ou na web: www.apego.gal.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar