Obtén o teu título de CELGA 1, 2, 3 ou 4

Versión para impresoraEnviar a un amigo
celga.png

A Secretaría Xeral de Política Ligüística da Xunta de Galicia convoca as probas do ano 2010 para obter calquera destes certificados de língua galega. As persoas destinatarias son aquelas maiores de 16 anos ou que os cumplan durante o ano 2010, nacionais ou extranxeiras, e establécense tres convocatorias:

  • Maio 2010: Galicia. O prazo para matricularse é ata o 25 de marzo inclusive
  • Outubro 2010: América. Pódese realizar a matrícula ata o 30 de xuño.
  • Decembro 2010: Galicia, resto do Estado español e Europa. A matrícula estará aberta ata o 8 de outubro.

As probas realizaranse en diferentes centros repartidos por Galicia, España, Europa e en América, e en distintas datas para cada un dos CELGA.
 
Podes matricularte na web www.xunta.es/linguagalega e atopar máis información na mesma, así coma no DOG do 8 de febreiro de 2010.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar