A parroquia de San Mateo celebrará o vindeiro sábado a Festa dos Callos

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_A VV SAN MATEO cartel FESTA DOS CALLOS 2019.jpg

A Agrupación Veciñal de San Mateo organiza unha nova edición da Festa dos Callos, que terá lugar o vindeiro sábado, día 4, no local social da parroquia. O Concello de Narón colabora con esta cita gastronómica, na que as persoas que o desexen poderán degustar no local social racións de callos, elaborados de xeito tradicional pola veciñanza da parroquia, a partir das 12.30 horas. 

O precio das racións de callos, acompañados de pan, bebida e café, é de sete euros e os tickets estarán á venda ese mesmo día no local social de San Mateo. En total cociñaranse unhas trescentas racións, que se servirán nunhas cuncas deseñadas especialmente para esta Festa dos Callos.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar