Participa no programa "Dinamizando o Medio Ambiente" no Parque Natural de O Invernadoiro, en Ourense

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Dinamizando_baixa.png

O programa "Dinamizando o medio ambiente" busca achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.

Dentro destas actividades, os próximos días 14, 15 e 16 de xullo de 2017 desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo no Parque Natural de O Invernadoiro, en Ourense.

Estas xornadas van dirixidas a mozos e mozas galegos entre os 16 e os 30 anos. Hai 50 prazas e o prazo de solicitude está aberto ata o día 12 de xullo.

As inscricións poden realizarse online, a través deste formulario.

A adxudicación das prazas será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. As persoas solicitantes seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

Que inclúe?

  1. Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto múltiple.
  2. Transporte de ida e volta dende Santiago (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Santiago- Parque Natural do Invernadoiro).
  3. As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

 Que precisas levar?

  1. Saco de durmir
  2. Calzado cómodo, chanclas para as actividades acuáticas e traxe de baño.
  3. Útiles de aseo
  4. Toallas
  5. Non esquezades a tarxeta sanitaria.
Descarga o programa de actividades:
DocumentoTamaño
Programa_O_Invernadoiro.pdf.pdf44.16 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar