NOVAS

Participa no Proxecto Galeuropa coa Asociación Xeración

Publicado o 12 de Xullo de 2017

Este proxecto dache a posibilidade de vivir unha experiencia vital no estranxeiro botando 3 meses traballando e vivindo en Portugal, Italia ou Polonia.

Andas xustiño de cartos? Non "controlas" moi ben os idiomas? Sen problema! Os custes de viaxe, aloxamento, seguro e manutención no teu destino están cubertos, non os teñen que pagar as persoas participantes! Ademáis recibirás apoio lingüístico e cultural tanto do equipo de Xeración como do seu socio de acollida para que a túa integración sexa o máis doada posible.

Como participar? Estes son os requisitos:

  • Ter entre 18 e 30 anos.
  • Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.
  • Residir en Galicia.
  • Non estar a traballar.
  • Non estar a recibir ningunha acción formativa (universidade, curso do paro, ciclo…).
  • Con motivación para descubrir outra cultura, lingua e maneira de traballar.
  • Terán prioridade aqueles que nunca fixeron practicas formativas.

Para que sectores se oferta?

  1. Hostelería e restauración.
  2. Servizos sociocomunitarios.
  3. Electricidade e electrónica.
  4. Instalacións e mantemento.
  5. Impresión e deseño gráfico.
  6. Mecánica e mantemento de vehículos.
  7. Xestión administrativa.
  8. Educación e formación.

Queres máis información? Clica nesta ligazón e visita a web de Xeración.