Presentámosvos a Nara de Narón!

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Nara_pequena.jpg

O Concello presentou hai uns días un vídeo e unha web dirixidos a alumnado de educación Infantil con información e actividades relacionadas coa cidade. Vémola?

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, deron a coñecer unha nova iniciativa enmarcada no Programa de recursos educativos de apoio á escola impulsado desde o Concello. Trátase dun vídeo dirixido a nenas e nenos de cinco anos (os máis peques da casa!) a través do que unha abella, de nome Nara, lles presenta varios rincóns da cidade, así como parte da súa historia e que o alumnado de Infantil poderá ver a partir do próximo mes de xaneiro nas súas visitas ao Consistorio, tal e como avanzou Taibo.

Un conto para coñecer o Concello” é o título deste vídeo, que se complementa cunha páxina web na que se pode ver e tamén descargar diverso material dirixido aos menores con actividades relacionadas coa cidade, para recortar, pintar… A través da páxina: http://naradenaron.es/ pódese ver o vídeo, cunha duración de 10 minutos, e tamén acceder ás actividades descargables (labirinto, colorea, une con frechas e diferenzas).

  1. Quen é Nara de Narón? A abella Nara, protagonista do vídeo, vai guiando ás nenas e nenos por Narón (de donde vén o seu nome), falándolles da poboación, das parroquias e dos elementos ou instalacións máis característicos de cada unha delas (Aldea Nova en Sedes, o muíño de Pedroso, a Ponte de Pielas en Doso…), da historia da cidade (co seu escudo e a bandeira) e tamén da orixe do nome de Narón.

Así mesmo, a través da nova páxina web, as persoas interesadas poden acceder a unha instancia que, unha vez cumplimentada e entregada no Rexistro municipal, lles permite que os menores participen nas visitas que cada curso escolar, entre os meses de xaneiro e maio, se realizan ao Consistorio. A través do enlace: http://naradenaron.es/wp-content/uploads/2017/09/S-SOC-05_Recursos_Educativos_Apoio_Escola_LPACAP.pdf pode descargarse o modelo de solicitude.

Unha boa iniciativa para coñecer o noso concello Narón e a súa historia dende que somos moi cativ@s! 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar