Programa de Voluntariado en Espazos naturais 2020

Versión para impresoraEnviar a un amigo
foresta.jpg

Durante as xornadas, orientadas á sensibilización de boas prácticas medioambientais e á preservación de zonas verdes naturais, levaranse a cabo actividades de catalogación de flora e fauna e de conservación das mesmas.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2020.

O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:

As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona, serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Máis información:

  • Tfno: 881 999 567
  • Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2020

PARQUE NATURAL MONTE ALOIA 

  • Días 6, 7 e 8 de marzo de 2020
  • Actividades: adecuación da muralla cicoplea, limpeza na contorna do castro do Alto dos Cubos, e do Rego da Pedra.
  • Punto de encontro e aloxamento: Seminario de Tui.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 6.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 8.

 

RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO

  • Días 13, 14 e 15 de marzo de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 13.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 15.

 

PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA - SERRA DO XURÉS

  • Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
  • Actividades: adecuación no encoro e no río Salas, retirada de especies exóticas.
  • Punto de encontro e aloxamento: albergue O Corgo- Muíños.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo.

 

  • Días 17, 18 e 19 de abril de 2020
  • Actividades: adecuación do tramo do río Limia desde Ponte Liñares ata Ponte de Nigueiroá, eliminación de especies exóticas.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 17 de abril.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril.

 

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

  • Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: Centro Etnográfico Río Mandeo. Teixeiro-Curtis.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo.

 

RIBEIRA SACRA-CANÓN DO SIL

  • Días 27, 28 e 29 de marzo de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: albergue A Fábrica da Luz. Parada de Sil.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 27 de marzo.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 29 de marzo.

 

  • Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 29 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio.

 

ZEC ANCARES-COUREL

  • Días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: Campa da Braña. Cervantes.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 8 de abril.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril.

 

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLAS CÍES)

  • Días 8, 9,10,11 e 12 de abril de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro: por determinar.
  • Aloxamento: nas propias illas.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 8 de abril.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril.

 

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE ONS)

  • Días 17, 18 e 19 de abril de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro: por determinar.
  • Aloxamento: na propia illa.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 17 de abril.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril.

 

  • Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro: por determinar
  • Aloxamento na propia illa.
  • Hora de chegada: 19:00h do día 24 de abril
  • Hora de regreso: 17:00h do 26 de abril

 

O COUREL - TRIACASTELA

  • Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 24 de abril.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 26 de abril.

 

PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO

  • Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
  • Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada 19:00 do día 1 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio.

 

  • Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
  • Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
  • Punto de encontro e aloxamento: Por determinar.
  • Hora de chegada 19:00 do día 5 de xuño.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño.

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE CORTEGADA)

  • Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 1 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio.

 

  • Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada 19:00 do día 8 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio.

 

O COUREL-FOLGOSO DO COUREL

  • Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 8 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio.

 

PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

  • Días 15, 16 e 17 de maio de 2020
  • Actividades: adecuación de miradoiros e rutas do parque, inventario e eliminación de flora invasora. Seguimento de rutas de aves e outra fauna do parque.
  • Punto de encontro e aloxamento: por determinar.
  • Hora de chegada: 10:00 do día 15 de maio.
  • Hora de regreso: 19:00h do día 17 de maio.

 

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE SÁLVORA)

  • Días: 15, 16 e 17 de maio de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
  • Punto de encontro: por determinar.
  • Aloxamento na propia illa.
  • Hora de chegada: 17:30 do día 15 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 17 de maio.

 

  • Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
  • Punto de encontro: por determinar.
  • Aloxamento na propia illa.
  • Hora de chegada: 17:30 do día 29 de maio.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio.

 

PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

  • Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
  • Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
  • Punto de encontro e aloxamento: Por determinar.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 5 de xuño.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño.

 

O COUREL - QUIROGA

  • Días 12,13 e 14 de xuño de 2020
  • Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
  • Punto de encontro e aloxamento: albergue de Quiroga.
  • Hora de chegada: 19:00 do día 12 de xuño.
  • Hora de regreso: 17:00h do día 14 de xuño.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar