NOVAS

Programa Tech Kids: Crea o teu personaxe de videoxogo ou película

Publicado o 20 de Agosto de 2018

O vindeiro venres 14 de setembro na Aula CEMIT de Narón (Praza do Concello s/n) desenvolverasem un obradoiro de creación de personaxes de ficción. Esta actividade forma parte do programa TechKids do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia) coa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Se es un ou unha apaixonada dos videoxogos, cómics, manga ou do cinema e as series; ou desexas traballar creando este tipo de produtos...temos un obradoiro para ti!

Vanche ensinar algunhas ferramentas para que entendas como crear estes personaxes que tanto che gustan, saber como pensan os guionistas e algúns trucos dos e das artistas que os crean.

Van usar o debuxo como ferramenta principal, pero non te preocupes se non es unha máquina debuxando, axudaranche a que poidas empezar e mellorar as túas habilidades como debuxante e así desenvolver o teu estilo e plasmar as túas ideas.

Neste obradoiro aprenderás teoría da creación de personaxes e trucos para que debuxar sexa máis sinxelo. Verás tamén como funcionan as empresas nas que queres traballar por dentro.

 

  1. Horarios e prazas
  • Horario: 15:00 - 21:00
  • Prazas: 15 prazas

 

  1. Requerimentos:

 

 

Agardamos por ti en Xuvia!

:)